Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
Comeza o 5 de xullo

Os internautas poderán escoller cinco das actuacións do Festival de Ortigueira

A web do evento permite seleccionar entre quince finalistas os grupos que optan ao premio Runas 2007.

M. del Río - 18:21 04/06/2007

Xa falta só un mes para o comezo do Festival de Ortigueira, que este ano se desenvolverá máis cedo ca nunca, 29 anos despois da súa primeira edición. Os concertos comezarán o día 5 de xullo e rematarán o 8.

Dende o día 1 de xuño está aberta na web do festival a votación do proxecto Runas 2007, con quince finalistas das 43 maquetas recibidas pola organización. Os internautas terán que escoller cales son as cinco mellores propostas, que actuarán no escenario de Ortigueira o 5 de xullo.

A lista de aspirantes, cuxos temas se poden escoitar e votar na rede, está formada por A compañía do Ruído, A gramalleira, Balakandra, Balbarda, Bauma, Bonovo, Boys of the Hills, Crema de gaita, La conjura, La jambre, Landú, Monte Lunai, Neirela, Ophiusa e Sete saias.

Este ano subirán ao escenario os gañadores do certame Runas 2006, Daniel Bellón e Diego Maceiras, xunto a Álex Blanco. As outras actuacións que están confirmadas son a de Milladoiro, que volve ao festival o domingo 8, sete anos despois da súa anterior participación, e a de Kepa Junkera, que presentará temas do seu disco Hiri.

O Centro Coreográfico Galego estreará o día 6 unha montaxe especial para o festival, a pé de rúa, mesturándose cos miles de espectadores. A peza relaciona a degradación da natureza e o esquecemento dos valores en clave metafórica.


0/5 (0 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: