O clásico e exitoso Festival do Mundo Celta vén de presentar a súa próxima edición.
Terá como cabezas de cartel a Kepa Junkera, Carlos Núñez e a Berrogüetto. Pero hai moito máis que escoitar do 12 ao 14 de xullo: o gaiteiro irlandés Lyam O'Flynn, La Musgaña (música tradicional castelá), Gaiteiros de Lisboa, Taraf de Häidouks, Béla Fleck (o mellor intérprete de banxo), Anubía e Akelarre (agro-celta).
Máis información na web do propio festival.