O venres 9 de xullo arrinca a vixésima edición do Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira, tres días de música folc (tradicional e evoluída), acampada e praia nos que se reúnen milleiros de persoas cada ano. Nesta ocasión a música póñena, entre outros, Capercaillie, Alan Stivell, Os Cempés e Susana Seivane.
O festival arrinca o día 9 de xullo coa actuación da Escola de Gaitas de Ortigueira e dende aí parten tres días nos que os asistentes van poder desfrutar coas actuacións de: Alan Stivell, Kila (de Irlanda), Os Cempés, Karma (da Bretaña), Capercaillie (de Escocia), La Bottine Souriante (dende Quebec), Susana Seivane, as ourensás de Xestreu, Gatos del Fornu (dende Asturias), Supervivientes (Granada), Nova Galega de Danza, The Chieftains con Carlos Núñez, Quempallou, os cataláns Els Groullers, Lavanderas (Madrid) e Ergom.
Ademais da música, a organización do festival preparou un obradoiro de baile e dúas exposicións, unha mostra de instrumentos tradicionais e a unha exposición fotográfica titulada A paisaxe humana.