Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
130.000 euros para deseñar o cartel da edición do 2007

A programación do Festival de Ortigueira, a concurso público

Os grupos seleccionados para tocar no escenario principal da cita folc configuraranse en base á lista de concertos que propoñan as empresas ou particulares participantes.

Redacción - 11:30 17/03/2007
Ortigueira 2007, do 6 ao 8 de xullo

Ortigueira 2007, do 6 ao 8 de xullo

O Concello de Ortigueira anunciou esta semana que convocará un concurso público para elixir as actuacións principais do seu festival folc. Así, calquera empresa, compañía ou particular poderá presentar a súa proposta de concertos para a edición do Ortigueira 2007, que este ano se celebrará o 6, 7 e 8 de xullo.

Os participantes deberán presentar entre catro e oito posíbeis carteis. A organización analizará as propostas en bloque e reservarase o dereito a modificar un grupo por día da proposta gañadora. Segundo informan desde a web do festival, as bandas deben entrar nos parámetros musicais do evento pero permitiranse outros estilos “sempre que se adapten á tradición do festival”.

O orzamento para deseñar a programación desta edición será de 130.000 euros, e incluirá ademais dos cachés, os desprazamentos, aloxamento, catering e equipos técnicos e de produción de artistas contratados. A organización valorará, ademais do aspecto económico, a calidade e transcendencia internacional dos intérpretes seleccionados así como a presentación de proxectos elaborados expresamente para Ortigueira.


3,67/5 (6 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: