Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral

Festival do Mundo Celta en Ortigueira

(13-15 xullo) A máis sonada das citas folquis de Galicia chega este ano á súa decimoséptima edición. Polos seus escenarios (que hai máis de un) han pasar Luar na Lubre e Mercedes Peón. Alén destes representantes galegos tocarán tamén Oskorri, Sharon Shannon, Kalman Balogh & The Gypsi Cimbalon Band e moitos outros artistas procedentes de lugares tan escolleitos coma Hungría, Suecia, Canadá ou Irlanda. E, coma sempre, xoldra, viño e multitude.

- 17:56 28/06/2001
Tags:

Programa:
Ademais destes concertiños teredes posibilidade de asistir a conferencias, mostras de artesanía, exposicións e bares...

Venres 13-7-01:
- Escenario Principal:
22:00 Coldstream Pipe Band
22:30 Kalman Balogh & The Gypsi Cimbalon Band
23:30 Väsen
00:30 Tejedor
01:30 Mercedes Peón

Sábado 14-7-01:
- Escenario principal:
22:30 Sharon Shannon
23:30 Fía na roca
00:30 Luar na Lubre + Invitados
01:30 Oskorri
- Escenario Runas:
18:00 Roixordo
19:00 Fol de cangura
20:00 Antubel
21:00 Akelarre Agro Celta

Domingo 15-7-01
12:00 Pasarrúas
- Escenario principal:
23:00 La Bottine Souriante
00:30 La Bruja Gata
01:30 Na Lúa + Julio Pereira + Uxía + Darío Moreira
- Escenario Runas:
18:00 Druadan
19:00 Árdelle o eixo
20:00 Aira de pedra

Toda a información en: FestivaldeOrtigueira.com


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: