Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral

Ortigueira, 25 anos de música libre

Cita consolidada na pelegrinaxe folqui do verán galego e oficialmente declarado evento de interese turístico nacional, o Festival de Ortigueira celebra o 25 aniversario do seu nacemento. Abre a orquestra folc SonDeSeu, nun venres que trae ademais as actuacións dos irlandeses Altan, os húngaros Muzsikás e Marta Sebestyén e a gaita electrónica do asturiano Hevia. A cita forte do sábado chega con Hedningarna, os ‘pagáns’ suecos, que presentan disco recopilatorio. Ademais, Budiño, Shooglenifty e Bal Tribal. Para o domingo, os galegos Faltriqueira, os andaluces Rare Folk, os rumanos Fanfarria Çiocarlia e o folc rock dos escoceses Wolfstone. E non remata aquí, lembrámoslles que para o 26 de xullo, hai o gran concerto aniversario coa actuación dos míticos Chieftains, xunto a Carlos Núñez.

- 06:37 11/07/2003
Tags:

.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: