Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Tag: dopaxe

8/Outubro/2008 /

O COI vai volver analizar os cinco mil controis antidopaxe feitos en Beixín

Esta iniciativa xurdiu tras dar os ciclistas Leonardo Piepoli e Stefan Schumacher positivo por EPO de última xeración.


11/Agosto/2008 /

A primeira dopaxe descóbrese dentro do equipo olímpico español

A ciclista Maribel Moreno, a principal baza do equipo estatal para conseguir medalla en Beixín, deu positivo por EPO. É a primeira das 30 dopaxes que prognosticou o COI.


21/Maio/2008 /

A policía portuguesa investiga laboratorios galegos que relaciona co caso de dopaxe do LA-MSS

Pode haber unha conexión entre os produtos dopantes atopados na sede do equipo luso con laboratorios farmacéuticos do noso país.


15/Febreiro/2008 /

Volve a 'Operación Puerto'

Para saber se os doutores implicados, Eufemiano Fuentes e José Luis Merino, cometeron un delito contra a saúde pública, volve a investigación sobre a meirande acción contra a dopaxe no Estado.


8/Febreiro/2008 /

Marcos Serrano anuncia a súa retirada do ciclismo profesional

O galego deixa a súa carreira, após a rescisión do contrato que o vinculaba ao KGZ, o mes pasado. Atrás quedan 15 tempadas sobre a bici.


22/Xaneiro/2008 /

Pereiro acode aos xulgados para continuar coa demanda contra 'Il Giornale'

O ciclista de Mos denunciou o verán pasado ao xornal italiano por un seu artigo que o relacionaba coa 'Operación Puerto'.


15/Xaneiro/2008 /

A federación vai indemnizar a Hermida por vinculalo coa 'Operación Puerto'

O ciclista de orixe galega denunciou ao organismo do ciclismo estatal por impedirlle correr no Mundial de Nova Zelandia, en 2006.


11/Xaneiro/2008 /

"Non me gusta nada a situación á que chegou o ciclismo"

Pino falou con Vieiros sobre a súa decisión de deixar o cargo cando remate a tempada, aínda que non desbota seguir traballando co clube noutro posto.


20/Decembro/2007 /

Avogan pola implantación de chips de control para os atletas profesionais

Dous atletas suecos causaron conmoción no seu país ao propor medidas radicais para garantir que os competidores de máximo nivel pasen da dopaxe.


21/Setembro/2007 /

O Tour 2006 xa é de Óscar Pereiro

A Unión Ciclista Internacional chamou esta tarde ao ciclista galego e ao director do Tour e confirmoulles oficialmente a vitoria na edición da proba francesa.


21/Setembro/2007 /

O director do Tour ve gañador a Pereiro mentres Landis clama a súa 'inocencia'

A Asociación Americana de Arbitraxe considera que Floyd Landis se dopou, mais o ciclista pode buscar unha última apelación diante da Corte Arbitral do Deporte.


5/Xullo/2007 /

Pereiro demanda un xornal italiano por involucralo na 'Operación Puerto'

Na mañá da terza feira o ciclista galego puxo unha demanda contra Il Giornale de Milán, que o tiña involucrado, no mes de maio, nas tramas de dopaxe.


22/Xuño/2007 /

Pereiro: "Vou igual que todos os anos"

Pereiro falou cos medios mentres rodaba en Vigo unha publicidade da 'Vuelta 2007'. A un ano xusto da súa chamada "virtual vitoria" no Tour, o galego volve "tranquilo" a Francia.


24/Maio/2007 /

Landis perde a credibilidade no xuízo por dopaxe

Aínda que o xuízo pola súa posíbel dopaxe terminaba a madrugada da cuarta feira -hora galega-, o veredicto dos tres xuíces non se coñecerá até mediado xullo, coincidindo co Tour 2007.


21/Maio/2007 /

Pereiro vai á Volta mentres segue o xuízo da posíbel dopaxe de Landis

Esta semana o que xa é chamado "virtual gañador" do Tour 2006 corre en Cataluña. Mentres, segue o enleado xuízo de Landis nos USA, nun proceso que vai collendo trazas de culebrón.


18/Maio/2007 /

O laboratorio galo confesa erros na análise das mostras de Landis

Na primeira semana do xuízo pola súa posíbel dopaxe, Floyd Landis mantense inflexíbel no seu discurso. Mentres, Pereiro fica nun segundo plano, á espera da decisión final.


23/Abril/2007 /

As últimas análises confirman a dopaxe de Landis

O laboratorio francés designado pola axencia antidopaxe dos EUA atopou testosterona sintética nos ouriños do corredor.


13/Abril/2007 /

A Axencia Antidopaxe dos EUA autoriza a análise de todas as mostras de Landis

Un laboratorio francés comprobará se a testosterona detectada nos ouriños do corredor é de orixe exóxeno.


Dopaxe
10/Marzo/2007 /

O xuíz arquiva o caso da ‘Operación Puerto’ por falta de probas

A falta de danos físicos demostrábeis nos cincuenta e catro corredores implicados axudou ao sobresemento de Eufemiano Fuentes e dos outros sete acusados.