Dous atletas suecos causaron conmoción no seu país ao propor medidas radicais para garantir que os competidores de máximo nivel pasen da dopaxe.
Os atletas suecos Carolina Klüft e Stefan Holm (campións olímpicos en heptatlón e salto de altura respectivamente) puxéronse de acordo para promover unha serie de medidas "drásticas" para controlar a dopaxe nas grandes competicións.
Ámbolos dous levan chips implantados na pel e transmisores GPS que controlan en todo momento onde andan, mantendo un rexistro dos seus movementos polo mundo.
Segundo Klüft, o sistema actual (GPS's nas bolsas de adestramento dos atletas profesionais), só proporciona informes trimestrais dos deportistas, o que non lle parece dabondo para facerlle fronte aos problemas coa dopaxe. A atleta, que non perdeu unha competición de heptatlón e pentatlón dende 2002, o control debera ser meirande e todo os deportistas profesionais deberan levar o mesmo chip ca ela debaixo da pel, porque, ao seu ver, "a dopaxe é terrible" e "é preciso debater máis a cuestión".
O seu compatriota, Stefan Holm, pensa coma ela, e desliga os chips da ciencia ficción, ao dicir que, a pesares do "absurdo que poida parecer" son unha medida importante e "unha boa solución para evitar ser tratados como sospeitosos sen haber razón".