A Unión Ciclista Internacional chamou esta tarde ao ciclista galego e ao director do Tour e confirmoulles oficialmente a vitoria na edición da proba francesa.
Nunha nota oficial aparecida na súa páxina web, a UCI anuncia: "a consecuencia da decisión das autoridades estadounidenses competentes de sancionar ao corredor Floyd Landis por dopaxe e conforme ao regulamento da UCI, Óscar Pereiro foi declarado vencedor do Tour 2006".
Esta tarde chamaron ao corredor galego para confirmarlle a boa nova, que lle chega a máis de un ano de conseguir a vitoria no Tour que ao fin lle outorgan.
Na páxina de Óscar Pereiro podedes ver o comunicado oficial da UCI.