Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
CICLISMO

Pereiro máis preto do Tour ao confirmarse o positivo de Landis

Ao estadounidense só lle queda unha última apelación logo de que un tribunal independente ratificara a dopaxe.

Redacción - 22:20 20/09/2007

Un tribunal de arbitraxe independente vén de confirmar a dopaxe do ciclista Floyd Landis. Segundo este informe, o gañador do Tour 2006 recorreu á testosterona para mellorar o seu rendemento deportivo. A Landis péchanselle practicamente todas as portas e tan só ten como última carta unha apelación diante do Tribunal de Arbitraxe Deportiva. De confirmarse os informes, o galego Óscar Pereiro sería proclamado vencedor.

Este último informe é un pau duro para Landis, que sempre negou a existencia da dopaxe e apuxo os resultados á "incompetencia" do laboratorio francés. O ciclista leva camiño de converterse no primeiro corredor dos 105 anos da historia do Tour de Francia que perde o mailló amarelo unha vez finalizada a proba.


5/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: