Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
ESTA FIN DE SEMANA

Carta branca para matar lobos na Serra do Suído

Adega denuncia que a Xunta autorice estas batidas e que reducise nun 66% o importe das axudas para previr ataques.

Redacción - 13:19 29/01/2010

Ao Campionato Estatal da Caza do Raposo que esta fin de semana se celebra en Portomarín (Lugo), súmase agora a programación dunha nova cacería. Trátase dunha batida do lobo, que está autorizada na parroquia de Xesta, no Concello da Lama, en plena serra do Suído. O colectivo ecoloxista Adega lamenta a autorización outorgada pola Xunta de Galiza e denuncia a que cualifica como “guerra declarada” do Goberno contra este animal, unha especie que, polo demais, é xa emblemática da nosa fauna.

Sen criterios científicos
Unha vez mais, os ecoloxistas quéixanse da “falta de compromiso da nova administración coa conservación das nosas especies salvaxes”, que autoriza batidas deste tipo mentres “reduce nun 66% o importe das axudas para previr os ataques”. Ademais, insisten na falta de argumentos técnicos para autorizar este tipo de cacerías. En concreto, na Serra do Suído, alertan das “moitas razóns e numerosas incertezas científicas” que obrigatoriamente deberían levar a desbotar accións deste tipo.

1. Non se sabe exactamente a cantos animais vai afectar.
2. O servizo da Conservación da Natureza da Consellería de Medio Rural, non dispón de medios humanos suficientes para controlar o desenvolvemento da batida.
3. Os datos científicos sobre o número de lobos nesa zona da serra non están actualizados, polo que como se decide cantos se poden matar?
4. Tampouco se dispón de datos da mortalidade ilegal (atropelos, envelenamentos, caza furtiva, lazos e outras trampas), que a especie ven aturando até hoxe. Por exemplo, na primavera de 2006, a zona norte da Serra do Suído sufriu un episodio de envelenamento masivo coa morte rapinas, raposos e cans, descoñecendo como afectou á poboación de lobo.

En consecuencia, entenden que a eliminación física dos lobos “non representa unha solución ao problema da predación sobre a cabana doméstica”, xa que é probábel que volva a repterse con animais chegados doutras zonas. En contraposición, exixen un maior compromiso por parte da Xunta nas medidas preventivas, compensatorias e de educación ambiental, para permitir a coexistencia entre os animais domésticos e a fauna salvaxe.


Ligazóns

5/5 (5 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Adega recorda que a Xunta reduciu nun 66% as axudas para previr ataques
Adega recorda que a Xunta reduciu nun 66% as axudas para previr ataques
As batidas non atenden a ningún criterio científico, polo que nin sequera hai datos sobre cantos animais poden ser asasinados
As batidas non atenden a ningún criterio científico, polo que nin sequera hai datos sobre cantos animais poden ser asasinados