Contamos neste caso coa participación de RUBÉN PORTAS, enxeñeiro técnico agrícola e estudante de Ciencias Medioambientais, especialista no tema do lobo e membro da ASCEL, asociación que ten como obxectivo a conservación e o estudio deste mamífero. Ten participado en numerosos foros científicos sobre o tema e impartido numerosas conferencias sobre a problemática do lobo na Galiza.
Doutra banda, contamos tamén coa presencia de ANTÓN VIDAL, membro da asociación cultural e ecoloxista CANHÓN DE PAU, de Cotobade, que ten levado adiante un importante proxecto de defensa e conservación do lobo naquel Concello, un proxecto que vai ser exposto polo Sr. Vidal, advogado e traballador na Universidade de Vigo.