Os ataques de lobo aféctanlle a menos do 0,092% do gando galego. Cada ano solicítase unha media de 420 expedientes por danos de lobo, dos que o 75% se consideran como dano real. Se temos en conta que o número de reses perdidas ascende a 1.300 sobre máis de 1.600.000 que viven na comunidade galega e que posuímos o 30% da poboación lobuna ibérica, con aproximadamente uns 300-500 exemplares, chegamos á conclusión de que A POLÉMICA SOCIAL CREADA ARREDOR DOS DANOS QUE XERA A ESPECIE MOI DESPROPORCIONADA RESPECTO A SA AFECCIÓN REAL. Un dos principais problemas derivados da coexistencia é a tardanza no pagamento das indemnizacións por parte da administración, factor totalmente alleo á presenza da especie, pero que prexudica seriamente a súa conservación e tolerancia e propicia unha repercusión desmesurada nos medios.
Para comparar con outras causas de mortalidade do gando, A LINGUA AZUL FOI RESPONSABLE EN TAN SO TRES MESES DA MORTE DE GANDO EQUIVALENTE S BAIXAS CAUSADAS POLO LOBO EN MEDIO ANO E XEROU PERDAS ECONMICAS MOITO MIS CUANTIOSAS, ás que lles hai que sumar os gastos asociados á vacinación de gran parte da cabaña gandeira.
En Asturies, segundo os informes oficiais do Principado, o lobo afectoulle a menos do 1% do número total de cabezas e a menos do 5% das explotacions, sen entrar a considerar se se tratan de gandeiros a título principal ou non. Isto é de suma importancia en canto á dedicación de vixilancia e de coidado do gando. Así, pódese criticar a postura do edil nacionalista de Rodeiro que, segundo as súas recentes declaracions na prensa, pretende manter unha explotación en extensivo e alternar esta tarefa coas súas funcions políticas sen preocuparse da presenza do lobo.
O lobo leva convivindo milleiross de anos co home. Para que esta situación se manteña, é necesario un consenso entre os sectores implicados. Si é certo que o retraso no pagamento das indemnizacions pode enmascarar a problemática real que supón a presenza do lobo. Insistimos en que baseándonos nos datos anteriores, está claramente sobredimensionada.