Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Sentenza polos atentados de Madrid

A Audiencia Nacional conclúe que ETA non tivo nada que ver no 11-M

Oito dos 29 acusados quedaron absoltos, mentres que tres foron condenados a penas de miles de anos de cadea.

Redacción - 18:01 31/10/2007

Este mércores coñeceuse a sentenza polos atentados terroristas do 11 de maio de 2004 en Madrid. O tribunal concluíu que ningunha das probas practicadas avala a teoría conspiratoria de que ETA participase nos atentados. Por outra banda, a sentenza mostra a "convicción" de que "toda ou gran parte" da dinamita empregada nas explosións dos trens de proximidade e "toda a de Leganés" procedían de Mina Conchita.

A Audiencia Nacional absolveu oito dos 29 acusados no xuízo polos atentados do 11-S, entre eles Rabei Osman, 'O Exipcio', e só condenou a penas de miles de anos de prisión a Otman O Gnanoui (42.924), Jamal Zougam (42.922) e José Emilio Suárez Trashorras (34.715), aos que considera que participaron directamente no masacre. Ao resto dos condenados aplicaránselles penas de 3 a 23 anos de prisión, moi por debaixo das peticións da Fiscalía.

As vítimas que resultaron lesionadas nos atentados serán indemnizadas cun mínimo de 30.000 euros e un máximo de 1.500.000 segundo fixo público o mércores o tribunal. O criterio no repartimento "variará en función do grao das lesións".


0/5 (0 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: