Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
MALESTAR NA ONU POLO OCULTAMENTO DE INFORMACIÓN

11M: consecuencias internacionais

O goberno Aznar vén de recoñecer nas Nacións Unidas a precipitación coa que presionou para aprobar unha resolución de condena que culpaba a ETA dos atentados, escatimándolle á comunidade internacional as pegadas sobre Al Qaeda. Gobernos europeos teríanse queixado dunha actuación que impediu despregar medidas de seguridade preventivas inmediatas. Contámoslles tamén que o editorial do xornal inglés The Guardian comenta que o electorado considerou que "Aznar xogou politicamente coa morte de inocentes" ademais de apuntar que o presidente saínte fixo da loita contra ETA peza central da campaña do seu partido nunha "cruzada persoal" que confundiu a ETA "con outras formas pacíficas de separatismo como a catalana". Máis información no Diario de Titulares.

- 08:21 16/03/2004
Tags:


0/5 (0 votos)