O programa Hard Talk, na BBC, foi escenario o pasado 24 de xullo dunha entrevista a José María Aznar, ex presidente do executivo español. No transcurso da emisión, Aznar reflexiona que Israel debería entrar a formar parte da OTAN e o entrevistador, Stephen Sackur, lémbralle que esta organización "funciona baixo a idea da seguridade colectiva e a defensa mutua" e pregúntalle: "Está vostede dicindo que a OTAN debería estar bombardeando o Líbano". Responde Aznar: "Se é necesario, si, porque considero que Israel é unha parte esencial do mundo occidental". De paso, e fronte ao desconcerto do xornalista, acusa ao actual executivo de mentir e asegura en referencia aos ataques do 11 de marzo de 2004 en Madrid que recentes probas "indican a máis que posíbel participación do grupo terrorista ETA nese ataque". Na rede poden consultar unha transcrición da entrevista e de paso poden revisar os avances do ex presidente español coa lingua inglesa desde os tempos onde estaba trabajandoenello.