Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
PRIMEIRA DECLARACIÓN INSTITUCIONAL

Ibarretxe cualifica de "monstruoso" o atentado e de "asasinos" os culpables

O lehendakari Juan José Ibarretxe foi a primeira autoridade en realizar unha declaración sobre os atentados de Madrid pouco antes das dez da mañá. Ibarretxe cualificou os atentados de "mostruosos", lembrou as familias das víctimas e pediu que se fale de terrorismo de ETA, non de terrorismo vasco. "Estes asasinos non son vascos", dixo Ibarretxe e engadiu: "ETA intenta dinamitar a democracia". O lehendakari fixo unha chamada a todos os partidos democráticos para que se concentren hoxe ás seis da tarde á porta dos concellos vascos para esixirlle a ETA que poña fin á violencia.

- 09:30 11/03/2004
Tags:


0/5 (0 votos)