Finalmente os xuíces pecharon o caso Landis. O vindeiro sábado saberase se o estadounidense é sancionado, e se o galego é declarado -oficialmente- campión da ronda gala.
O vindeiro 22 de setembro saberase se o ciclista americano Floyd Landis é sancionado pola aparición de testosterona nos seus ouriños. Os xuíces deron por "oficialmente pechado" o caso e fixaron esta data para anunciar o seu fallo.
O campión oficioso do Tour de Francia 2006, Óscar Pereiro, podería selo, ao fin, oficialmente a partir do vindeiro sábado.