Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Lei do Patrimonio Cultural

O Pazo de Meirás pódese expropiar por lei unha vez sexa declarado BIC

Esta medida sería "unha sanción", e tería que ser "unha decisión" da Xunta, que lle obrigaría a "compensar" á familia Franco.

EP / Redacción - 12:26 16/09/2007
A familia Franco impidelle á Xunta a entrada no pazo / Foto: edans (Flickr.com)

A familia Franco impidelle á Xunta a entrada no pazo / Foto: edans (Flickr.com)

A lexislación vixente, en concreto, a Lei do Patrimonio Cultural de Galicia de 1995, estabelece a posibilidade de que o Pazo de Meirás, situado no municipio de Sada (A Coruña) e residencia de verán da familia Franco, poida ser expropiado forzosamente unha vez que conte coa declaración de Ben de Interese Cultural (BIC) por parte da Xunta, sempre que os propietarios incumpran as obrigacións de protección e conservación xeral.

No entanto, a expropiación da propiedade debe ser "unha decisión" tomada pola Administración como medida "extrema", en concepto de "sanción" aos propietarios por "grave incumprimento" das súas obrigas legais e débese alegar "interese xeral". Así se desprende da análise da lexislación vixente en materia de patrimonio e de expropiacións e segundo a experiencia da profesora en Dereito Administrativo da Universidade de Santiago de Compostela (USC), Teresa Carballeira.

Proceso legal de expropiación
As expropiacións recaen sobre propiedades privadas cando a compra-venda non funciona e, para iso, a Administración debe "alegar interese xeral". No entanto, este mecanismo "ampara" tamén aos propietarios, que deben ser "compensados" pola "subtracción legal" do seu ben cunha indemnización económica ou coa permuta por outro.

No caso do Pazo de Meirás actualmente non é posíbel aplicar esta medida, xa que aínda non conta coa declaración de BIC para ser sometido ao que fixa a Lei do Patrimonio Cultural. No artigo 31 desa norma estabelécese que para os bens que contan co citado recoñecemento "o incumprimento das obrigacións de protección e conservación será causa de interese social para a expropiación forzosa dos bens catalogados pola Administración competente".

Sobre este asunto, a profesora en Dereito Administrativo da USC, Teresa Carballeira, aclarou que este artigo permite á Xunta "unha causa" para acometer, "se é a súa vontade", a expropiación como "sanción" ante un "grave incumprimento das obrigacións". A partir de aí, legalmente podería iniciarse o proceso para reclamar a propiedade pública, que normalmente se estende por espazo de entre seis meses e un ano, segundo estimou a experta.

O proceso para "subtraer legalmente" o Pazo de Meirás á familia Franco levaría unha taxación do inmóbel en función de distintos criterios -os habituais e tamén de tipo histórico-artístico, segundo a Lei de Expropiacións- co fin de fixar un "xustiprezo", que os propietarios poderían apelar, e que podería ser obxecto dun contencioso antes de chegar a un acordo.

Postura de Cultura e do Concello de Sada
En calquera caso, fontes da Consellaría de Cultura aseguraron que non se busca" a expropiación do Pazo de Meirás, senón que, por se tratar dun ben catalogado a principios dos anos noventa, iniciouse un proceso para comprobar se o seu estado de conservación permite ou non a súa declaración como BIC.

Tamén o alcalde de Sada (A Coruña), Abel López, detallou que o interese do concello é que o Pazo de Meirás sexa declarado BIC, xa que sería "unha cuestión moi importante" porque obrigaría á súa apertura ao público un mínimo de catro días ao mes, e outorga á Xunta unha posición preferente, con dereito de tenteo e retracto, no caso de que a propiedade sexa posta á venda.

O Concello de Sada e a Consellería de Cultura promoven a declaración como BIC do Pazo de Meirás, polo seu valor cultural, patrimonial e histórico. De feito, o departamento da Xunta entende que o inmóbel forma parte do Patrimonio Cultural de Galiza -por estar catalogado- e, por iso, xustifica pedirlles aos propietarios unha inspección técnica para comprobar o seu estado de conservación.

Os Franco accederan inicialmente
Inicialmente a familia Franco aceptara á inspección. Segundo Cultura, a mesma propietaria do Pazo de Meirás, Carmen Polo Franco, respondeu que "tería moito gusto en facilitar o acceso" ao inmóbel dos técnicos da Dirección Xeral de Patrimonio para a "comprobación do estado de conservación, que procurou que fose o correcto".

Con todo, os intentos levados a cabo pola Consellaría de Cultura para fixar unha data e poder realizar así a inspección resultaron infrutuosos pola falta de resposta da propietaria. Neste contexto, o departamento autonómico decidiu utilizar "as súas competencias" para fixar a data do 30 de agosto para a inspección técnica. Esta decisión comunicóuselles vía burofax enviado aos propietarios cunha semana de antelación. O equipo de inspección estaba integrado por unha arquitecta, un arqueólogo e unha historiadora da arte.

Proceso xudicial
Así, segundo Cultura, o 30 de agosto, un avogado que se identificou como portavoz da propietaria comunicoulles aos membros do equipo que non podían acceder ao recinto. Ante esta "obstrución", o departamento autonómico iniciou a apertura dun expediente sancionador que pode ter como consecuencia unha multa de até 60.000 euros, e decidiu "facer valer os seus dereitos" mediante a vía xudicial.

O pasado luns, 10 de setembro, un letrado da Xunta formalizou no rexistro dos xulgados do Contencioso-Administrativo da Coruña a súa petición de que se fixe "o lugar, día e hora" para a inspección técnica do Pazo de Meirás. As previsións de Cultura son que "tal e como é o tipo de proceso irá con bastante rapidez e haberá unha resolución pronto", aínda que agora o a


Documentos

4,6/5 (5 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Dúas imaxes da entrada ao Pazo de Meirás / Foto: capitan-patata (Flickr.com)
Dúas imaxes da entrada ao Pazo de Meirás / Foto: capitan-patata (Flickr.com)