Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
DENDE HAI MÁIS DUN ANO

A familia Franco dificulta que a Xunta declare Ben de Interese Cultural o Pazo de Meirás

A Dirección Xeral de Patrimonio solicitou permiso para inventariar o inmóbel pero os propietarios aínda non llo concederon.

Redacción - 12:00 22/07/2007
Pazo de Meirás

Pazo de Meirás

A Consellaría de Cultura pelexa dende hai máis dun ano coa familia do ex ditador Francisco Franco. A Dirección Xeral de Patrimonio comezou daquela os trámites para que se declarase o Pazo de Meirás (Sada) Ben de Interese Cultural mais os propietarios do inmóbel non semellan estar nada interesados nesta protección. Os técnicos da Xunta precisan acceder ao recinto para ver o estado do edificio pero a familia aínda non fixou un día para a visita.

A declaración de Ben de Interese Cultural obriga a abrir o pazo un mínimo de catro días ao ano, para que poida ser visitado polos cidadáns. Mais esta protección tamén lle daría dereitos, en caso de venda, á Xunta. Esta pode ser unha das razóns princiapis polas que a familia Franco nega o acceso á propiedade. Poden ampliar información en El País.


4,25/5 (4 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: