Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Tag: software-libre

29/Xaneiro/2010 /

A Xunta comeza a amosar o vieiro da súa política TIC

Algunhas decisións, como a privatización da xestión de servizos relacionados co software libre, están a ser contestadas pola oposición e polos grupos de usuarios.


26/Xaneiro/2010 /

Entregan sinaturas para que a UDC non peche a súa oficina de software libre

A institución, creada mediante un convenio coa anterior Consellaría de Innovación e Industria, quedou sen orzamento a finais de 2009.


26/Xaneiro/2010 /

O 'eixe do mal', vetado do software libre

A web estadounidense, probabelmente a máis importante das que aloxan proxectos de código aberto, veta usuarios de Cuba, Irán, Siria, Corea do Norte e Sudán.


5/Xaneiro/2010 /

As empresas de software libre rebélanse contra o Ministerio de Educación

Pídenlle unha entrevista para expoñerlle as vantaxes das solucións abertas. Denuncian discriminación e malversación de fondos no acordo con Microsoft.


15/Decembro/2009 /

O goberno español 'entrégalle' o alumnado a Microsoft mentres recomenda software libre

Cenatic publica un decálogo sobre o código aberto no ensino mentres Educación asina un convenio que favorece o uso dos produtos do xigante estadounidense a baixo prezo.


2/Novembro/2009 /

O servidor de OUSLI convértese no máis rápido do país

A réplica de Ubuntu da asociación de software libre ourensá é tamén a terceira máis veloz do Estado Español. En setembro serviu 10 mil xigas de datos.


28/Outubro/2009 /

O software en galego emancípase para sobrevivir

A nova plataforma de tradución de software libre, xurdida e autoxestionada pola comunidade, xa ten garantida a súa existencia para unha década, á marxe dos gobernos.


31/Agosto/2009 /

A alma galega de Nokia

Un equipo de programadores galegos participou no desenvolvemento do sistema operativo que levará o novo móbil da compañía finlandesa.


30/Xullo/2009 /

O Goberno seguirá a apoiar o software libre, mais 'sen imposición'

O executivo ten previsto impulsar os estándares e o código aberto e difundilos nas pemes e na sociedade en xeral.


27/Xullo/2009 /

O software libre atopa espazo na campaña antipirataría do Ministerio de Industria

A segunda edición da iniciativa "Todos con software legal" incorporou novas seccións e máis atención ás aplicacións non privativas.


14/Xullo/2009 /

A Ciberirmandade pídelle á Xunta que siga apoiando o software libre

O colectivo lémbralle ao PPdeG a súa promesa electoral e valora a permanencia de Mancomún como unha ferramenta de galeguización.


13/Xullo/2009 /

Pregúntanlle ao Goberno se seguirá a apoiar o software libre

A parlamentaria do BNG Ana Luísa Bouza preguntoulle á Xunta se seguirá a aplicar o vixente PEGSI, obviado no Plan de medidas urxentes aprobado a semana pasada.


26/Xuño/2009 /

A Xunta xustifica o contrato con Microsoft como forma de "regularizar" o deixado polo bipartito

A secretaria xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, María do Mar Pereira prometeu que o Goberno tamén vai empregar software libre.


17/Xuño/2009 /

Medra a comunidade galega de software libre: nace Ghandalf

O fomento dos formatos abertos na administración pública e do uso do galego da informática, entre os seus obxectivos.


2/Xuño/2009 /

O BNG apostará polo software libre en Europa

A candidata nacionalista ao Parlamento Europeo, Ana Miranda, amosouse partidaria de reproducir o modelo de Mancomún.


26/Maio/2009 /

A comunidade galega de software libre desenvolve un xestor para charangas

É un dos novos proxectos incorporados ao espazo A Forxa de Mancomún neste ano 2009.


18/Maio/2009 /

Mancomún presenta o novo AraOS, un paquete para galeguizar Linux

A nova versión do metapaquete, que engade corrector ortográfico e aplicacións na nosa lingua, iguálase coa última de Ubuntu.


15/Maio/2009 /

Os 'portátiles de Zapatero' levarán software libre

A secretaria de Organización do PSOE, Leire Pajín, asegurou que os computadores que se lle entregarán ao estudantado de quinto de Primaria levarán código aberto.


2/Maio/2009 /

Pídenlle á Xunta compromiso co software libre

O uso de formatos pechados nas primeiras comunicacións públicas do novo Goberno foi o motivo da iniciativa do grupo parlamentario nacionalista.


24/Abril/2009 /

As administracións chimpan o Estado Español á medalla de prata en software libre

RedHat presenta un mapa interactivo que valora a actividade do código aberto en 75 estados de todo o mundo. A Unión Europea é líder.