Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Tag: iberdrola

15/Marzo/2010 /

As obras de Iberdrola no Sil impedirán navegar aos catamaráns

O caudal do río descenderá uns 30 metros nos meses centrais do verán. A Deputación de Lugo substituirá este reclamo por un tren.


16/Novembro/2009 /

Iberdrola ampliará as súas centrais do Sil con financiamento europeo

O Banco Europeo de Inversións (BEI) concedeulle un préstamo de 300 millóns de euros que destinará a aumentar a súa cota de xeración de enerxía.


3/Novembro/2009 /

Protección ambiental á medida de Iberdrola

A Xunta reduce a extensión do Parque Natural da Baixa Limia-Serra do Xurés nunha zona onde se proxecta a ampliación dun parque eólico.


10/Agosto/2009 /

Preguiza, burlas e incompetencia permiten 1.310 MW máis en Miño e Sil

Adega láiase de que a falta de planos de xestión "deixa indefensa" a Rede Natura e supón 14 centrais máis nestes ríos.


5/Agosto/2009 /

Máis denuncias contra os furados de Iberdrola na conca do Sil

O BNG cualifica de "atentado contra a orografía" o secado dun tramo do río e exixe ao presidente da Xunta medidas urxentes para protexer o ecosistema.


2/Agosto/2009 /

A Xunta apanda cos furados de Iberdrola na Ribeira Sacra

A Consellaría de Medio Ambiente limítase a asegurar que "vixiará" as obras que realiza a empresa eléctrica.


Tramo do Sil que secou Iberdrola / Foto: Adega
16/Xullo/2009 /

O PSdeG pídelle á Xunta que "acenda as alarmas ambientais"

O seu secretario xeral e ex conselleiro de Medio Ambiente, Manuel Vázquez, defendeu a súa actuación cando estaba no Goberno.


O BNG pide parar de forma "inmediata" as obras na central de Santo Estevo II
15/Xullo/2009 /

O BNG pide parar de forma "inmediata" as obras na central de Santo Estevo II

"O dano ecolóxico é evidente. Non fai falta ser un técnico ambiental para velo", afirman os nacionalistas.


2/Xuño/2009 /

Iberdrola vende o 10% de Gamesa

A eléctrica vendeu parte da súa participación na compañía de aeroxeneradores, unha das máis destacadas inversoras do sector eólico en Galiza.


2/Abril/2009 /

O mosteiro de Santa Cristina de Ribas de Sil é declarado Ben de Interese Cultural

Os ecoloxistas felicitan a decisión da Consellaría de Cultura e agardan que sirva para frear a teima de Iberdrola en construír unha central hidroeléctrica no lugar.


5/Marzo/2009 /

Europa pediralle contas ao Estado Español por deixar furar nas concas do Sil

Admitiu a trámite as denuncias presentadas pola Fundación Xermán Estévez contra autorización dunha presa no medio da Rede Natura 2000, nos canóns do Sil.


5/Marzo/2009 /

Denuncian o director xeral de Urbanismo por deixar furar nas paredes do Sil

Adega e a Fundación Xermán Estévez acusan a altos cargos de Política Territorial de facilitarlle as cousas á empresa Iberdrola para esbandallar o canón.


19/Xaneiro/2009 /

Segue en obras e sen permiso o furado hidroeléctrico do Sil

Adega denuncia ante a Axencia de Protección da Legalidade Urbanística a construción da central San Estevo II.


18/Xullo/2008 /

Chega outra oportunidade para que o capital galego entre en Unión Fenosa

A Xunta animou a mercar accións, para ter "peso específico" na entidade. Os xa accionistas do país non prevén, polo de agora, aumentar a súa participación.


10/Xullo/2008 /

Furarán ou non o Sil? Entre a mentira e a cerimonia do despiste

O Boletín Oficial do Estado publicou este mesmo mércores a declaración de impacto ambiental que a ministra dixo non ter asinado. "Espremen o país sen deixar apenas ingresos", quéixanse os ecoloxistas sobre Iberdrola.


13/Abril/2007 /

Iberdrola quere furar o Canón do Sil para facer unha hidroeléctrica

A proposta de aproveitamento eléctrico proxecta bombear auga no embalse de Santo Estevo até un encoro artificial no cumio do canón.