Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
MERCADOS

Iberdrola vende o 10% de Gamesa

A eléctrica vendeu parte da súa participación na compañía de aeroxeneradores, unha das máis destacadas inversoras do sector eólico en Galiza.

Redacción - 12:00 02/06/2009
Gamesa conta con dúas plantas de fabricación de aeroxeneradores en Galiza

Gamesa conta con dúas plantas de fabricación de aeroxeneradores en Galiza

Iberdrola xa confirmou á Comisión do Mercado de Valores (CNMV) a venda dun 10% do capital co que contaba en Gamesa e que, á súa vez, mercara anteriormente a Unión Fenosa. O prezo foi de 16,10 euros por acción, o que supuxo un importe total de 391,7 millóns de euros. Así, as plusvalías xeradas por esta operación ascenden a 112 millóns. Con todo, a eléctrica explica que aínda posúe o 14% do capital de Gamesa.

A compañía de aeroxeneradores é unha das que máis presenza ten en Galiza, ademais de Vestas, Abengoa ou T-solar que, entre moitas outras, escolleron o noroeste peninsular para facer o seu negocio. Agora, este 10% da compañía virou cara "inversores institucional e cualificados", segundo informou a eléctrica. Ademais, comunicou que esta venda non afectará aos acordos que manteñen ambas sociedades. En xuño de 2008, Iberdrola Renovábeis e Gamesa Enerxía asinaron un convenio estratéxico para a promoción, desenvolvemento e explotación de parques eólicos. Ao tempo, Gamesa tamén subministra a Iberdrola turbinas para os seus parques.


Ligazóns

0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: