Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Canal Verde

Xestionado pola Federación Ecoloxista Galega e Vieiros
RSS de Canal Verde
"Grave" agresión ambiental

Segue en obras e sen permiso o furado hidroeléctrico do Sil

Adega denuncia ante a Axencia de Protección da Legalidade Urbanística a construción da central San Estevo II.

Redacción - 12:30 19/01/2009

"Unha sanción exemplar". Iso é o que solicita a Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (Adega) para a empresa Iberdrola. "A avaricia e afán de lucro amosados por Iberdrola no canón do Sil non ten ningún parecido coa imaxe que quere dar estar empresa de respecto ao medio ambiente da que fai gala nos anuncios publicitarios nos que teñen gastado miles e miles de euros", denuncia este colectivo ecoloxista..

Os ambientalistas critican as "ansias depredadoras" desta empresa dentro da propia Rede Natura e denuncian que esa destrución se está facendo "sen dispor de autorización". Advirten ademais, fronte á aparición no Boletín Oficial da provincia de Ourense o pasado 5 xaneiro da solicitude de "autorización autonómica" das obras da central hidroeléctrica San Estevo II, de que tales obras xa foron en realidade iniciadas en outubro de 2008. Ao fío, sinalan que se introduciu maquinaria pesada e se realizou voadura de rochas "sen dispor da pertinente autorización da Xunta".

Adega denunciou o acontecido ante a Axencia Galega de Protección da Legalidade Urbanística, pertencente á Consellaría de Política Territorial e Urbanismo, e tamén ante a Dirección Xeral de Conservación da Natureza da Consellaría de Medio Ambiente. Sobre o mesmo asunto, os ecoloxistas consultaron tamén co Servizo Provincial de Urbanismo de Ourense, que "confirmou a carencia de autorización de obras para a zona do encoro de Santo Estevo".


5/5 (18 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: