Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Tag: baltar

11/Marzo/2010 /

Hai seis meses denunciaba irregularidades na Deputación de Ourense, hoxe ficha polo PP

O que foi vicesecretario da executiva provincial do PSdeG en Ourense, anuncia que marcha do partido para afiliarse ao proxecto "ilusionante" de Xosé Manuel Baltar.


28/Xaneiro/2010 /

Baltar acusa a Morán de ingresar nunha conta particular cotas de afiliados

A 48 horas do congreso e coa dirección do PPdeG empregándose a fondo para domear a “provincia díscola”, a guerra sen cuartel na dereita ourensá cruza límites inesperados.


23/Decembro/2009 /

Baltar tiña a pócema para que Feijoo non chegase á presidencia

"Eu díxenlle a Cuíña que pactase con Barreiro, que o amañasen entre eles, e se o fixesen Feijoo non estaría onde está”, afirma nunha entrevista.


9/Setembro/2009 /

Baltar, a obstinada resistencia dunha 'boina' en conversión

O barón de Ourense resístese a entregarlle aos de Feijoo a chave do PP provincial.


4/Xuño/2009 /

Achegan lista con 74 candidatos do PP en 2007 contratados pola Deputación de Ourense

O PSOE ourensán considera responsábel a Xosé Luís Baltar e esixe unha comisión de investigación.


1/Xuño/2009 /

Acusan a Baltar de empregar o coche oficial para recoller os netos no colexio

A Deputación de Ourense fixo público un comunicado para desmentir estas acusacións.


9/Maio/2009 /

Baltar desvela que Antonio Rodríguez Miranda será o voceiro do PPdeG

Manteranse na executiva popular Alfonso Rueda e os catro presidentes provinciais, ademais de tres representantes da emigración.


7/Abril/2009 /

O PSdeG quere que a Fiscalía investigue se Baltar cambiou o voto de dúas persoas

Os socialistas tamén solicitan a renuncia de Agustín Hernández logo de coñecerse que traballou para a empresa á que desde a Xunta lle adxudicou obras por valor de máis de 30 millóns.


6/Abril/2009 /

José Manuel Baltar, baneado da Galipedia no seu día de estrea

A persoa, fose ou non o parlamentario do PPdeG por Ourense, editou reiteradamente os artigos relativos ao PPdeG, o PSdeG e Alberto Núñez Feijoo.


10/Marzo/2009 /

"As consecuencias podían ser peores", avalía Baltar

O líder dos populares ourensáns enmarca "dentro do previsto" a perda dun escano en Ourense porque, subliña, a "guerra" era lograr a absoluta.  


25/Febreiro/2009 /

O pulso electoral entre populares e socialistas ourensáns seguirá no xulgado despois do 1M

Baltar anunciou unha querela contra Manuel Vázquez, que o acusou de obter favores de Caixanova.


23/Xaneiro/2009 /

Feijoo defende a lista ourensá á beira de Baltar

"Se hoxe me presento á Presidencia da Xunta é para que os meus paisanos, os ourensáns, non teñan que volver deixar a súa terra se non queren", expuxo.


12/Decembro/2008 /

Cartos para "amigos e curmáns" e fabas contadas para investimentos

"Máis do mesmo", é a avaliación que socialistas e nacionalistas fan das contas dun Baltar que di non ter recursos para xestionar o fondo municipal.


15/Novembro/2008 /

Manuel Candal: "No PP, salvo Baltar, fúngama todo o mundo"

Convoca o primeiro pleno en seis meses e non deixa falar a ninguén, nin sequera aos edís do seu grupo. As críticas chegan mesmo dende a Executiva en Santiago.


Elena Espinosa, ministra de Medio Ambiente e Medio Rural e Mariño
15/Abril/2008 /

Adega e Baltar critican a fusión dos ministerios do Ambiente e Agricultura

Os ecoloxistas cren que se antepoñerá o economicismo á defensa da natureza, mentres que o presidente da deputación ourensá lamenta a devaluación do sector agrario.


Baltar
11/Abril/2008 /

Baltar quere manexar os tempos do seu adeus

Alberto Núñez Feijoo, anuncia "axustes" no PP de Ourense pero confirma a continuidade do barón provincial.


4/Abril/2008 /

Finca Santamariña: o "pelotazo" que os tribunais legalizaron en Ourense

PSdeG e BNG prognostican que será unha das últimas "tropelías" de Baltar antes de que os cidadáns lle retiren a confianza definitivamente.


18/Marzo/2008 /

Baltar concede "facilidades" se queren relevalo pero avisa: "O 90% apóianme"

Despois de que Feijoo anunciase que os "cambios" no PP ourensán comezarán no contorno máis local.


17/Decembro/2007 /

Baltar prognostica que Rajoy nomearía ministro de Fomento a Núñez Feijoo

Co obxectivo de "foguear" o ex vicepresidente para competir un ano despois pola Xunta.


20/Novembro/2007 /

Os representantes do PP na Deputación de Ourense evitan a declaración de bens

Desde o grupo do BNG na institución pregúntanse que é o que teñen que agochar os deputados liderados por Xosé Luís Baltar. Ao respecto, impugnarán o pleno onde rexeitaron publicar a declaración de bens e actividades.