Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Xornalista rusa do 'Novaya Gazeta'

O xurado absolve os cómplices do asasinato de Anna Politkovskaya

"Chamamos a Rusia a seguir buscando os responsábeis e a os levar ante a Xustiza", sinalaron dende o Departamento de Estado.

Redacción - 12:00 20/02/2009
Ibragim Majmudov, un dos acusados

Ibragim Majmudov, un dos acusados

Os tres principais acusados de complicidade no xuízo organizado en Moscova polo asasinato da xornalista rusa Anna Politkovskaya foron absoltos polo xurado nun veredicto que apelará a fiscalía, segundo informan as axencias internacionais.

Trátase dos irmáns chechenos Yibrail e Ibraguim Majmudov, sospeitosos de vixiar os desprazamentos da xornalista e de levar ao lugar do crime o suposto autor material do asasinato, o seu irmán Rustam, que nunca foi detido.

O ex policía Sergei Jayikurbanov, sospeitoso de organizar a loxística para o asasinato, tamén resultou absolto, do mesmo xeito que un ex axente do FSB (servizos de intelixencia), Pavel Riaguzov, que comparecía por acusacións de extorsión e abuso de poder, mais non vinculado directamente co asasinato.

Logo de tres meses de proceso, o xurado unicamente recoñeceu unha única evidencia: que Politkovskaya foi asasinada. Os seu fillos escoitaron en silencio o veredicto e a súa avogada denunciou de novo que a investigación non lograse resolver o crime de outubro de 2006.

Reaccións
Varias organización e gobernos, entre estes Amnistía Internacional e Estados Unidos, sumáronse esta quinta feira ás petición para lograr o esclarecemento do caso.

"Lamentamos que o seu asasinato non se resolvese", declarou á prensa o portavoz do Departamento de Estado, Gordon Duguid. "Chamamos a Rusia a seguir buscando os responsables e a os levar ante a Xustiza o máis rapidamente posible", agregou.


Ligazóns

0/5 (0 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: