Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Proposta francesa e doutros países

Israel rexeita as peticións para un cesamento do fogo temporal

Intensifícase a presión internacional para que o Exército israelí poña fin aos bombardeos sobre Gaza. Obama garda silencio.

Redacción - 12:00 31/12/2008
Lavrov, Rice e Sarkozy

Lavrov, Rice e Sarkozy

Israel rexeitou as peticións para un cesamento do fogo inmediato aínda que temporal para permitir o acceso de axuda humanitaria na Faixa de Gaza logo de cinco días consecutivos de ataques aéreos, informan as axencias internacionais.

O ministerio de Exteriores israelí cualificou de "non realista" unha proposta que non contempla ningún "mecanismo para forzar a fin dos disparos e do terror de Hamas". O gabinete de seguridade analizou esta cuarta feira a solicitude realizada por Francia, que até o 1 de xaneiro preside a UE.

En Moscú, o ministro de Relacións Exteriores de Rusia, Sergei Lavrov, dixo por teléfono á súa homóloga israelí, Tzipi Livni, que Israel debe suspender as accións militares en Gaza inmediatamente, e permitir a entrada de axuda humanitaria.

A Casa Branca tamén está a realizar xestións a través da súa secretaria de Estado, Condollezza Rice, para conseguir unha saída á situación actual, informa o diario estadounidense The New York Times. Ao parecer, Rice mantivo contacto telefónico este martes co gabinete de Ehud Olmert. E tamén con dirixentes de países árabes para que convenzan a Hamas.

Obama garda silencio
As miradas diríxense a Estados Unidos ademais por outro motivo. Concretamente, a Hawaii, onde pasa as súas vacacións o presidente electo do país, Barack Obama. Tamén el está a sufrir presións para que se pronuncie sobre a operación israelí, tal e como fixo logo dos ataques en Mumbai (India) ou pola crise económica. No entanto, permanece en silencio.

A cifra de mortos dende o inicio da ofensiva achégase a 400, logo da quinta xornada de bombardeos, e o número de feridos é de máis de 1.600. En Israel morreron catro persoas a causa do lanzamento de foguetes dende a Faixa.


0/5 (0 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: