Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Éxito dos deportistas do país

Pilar Hidalgo e Iván Raña gañan, no mesmo día, o Triatlón de Barcelona

Os dous triatletas galegos pecharon a tempada cunha xenial carreira. Eran os grandes favoritos nunha competición que xuntou a 2.640 deportistas.

Redacción - 11:15 06/10/2008
Pilar Hidalgo

Pilar Hidalgo

O ordense Iván Raña e a ceense Pilar Hidalgo gañaron, en cadansúa categoría, o XX Triatlón Internacional Cidade de Barcelona. Raña tardou 1 hora e 57 minutos, e Hidalgo, 2 horas e 8 minutos en facer o percorrido enteiro da proba.

Para o triatleta de Ordes, este triunfo foi o mellor xeito de pechar unha tempada na que a súa progresión, de menos a máis, foi moi notábel e conseguiu metelo, de novo, na elite mundial deste deporte. Raña tivo importantes éxito este ano, como o terceiro posto na BG Copa do Mundo de Lorient, o cuarto en Des Moines, o sexto en Hamburgo e o primeiro en Austria, ademais da quinta praza en Beixín. En Barcelona, dende o comezo da carreira, Raña foi a por todas: tomou a cabeza e non quixo deixala. A pesar de perderse, nun momento, no circuíto da carreira, e ser superado polos seus perseguidores, volveu con rapidez a ocupar o primeiro posto para impoñerse con comodidade. Ao entrar na liña de meta, Raña contou as súas impresións: "abrir a carreira e liderala, tendo Barcelona nos teus brazos, é unha sensación única, incríbel, algo indescritíbel. Gocei moito ao mesturarme polas rúas coa xente".

Para a vindeira tempada, o reto de Iván Raña serán as World Series de Triatlón, que consistirán en seis probas e unha final en Australia, un novo formato para o Mundial. Sete probas en sete meses que tamén quererá superar Xabier Gómez Noya.

Éxito duplo para os galegos
Tamén dominou a proba, dende o comezo, Pilar Hidalgo, cumpríndose os prognósticos que a sinalaban como gañadora na categoría feminina, nunha proba con gran participación. A triatleta de Cee conseguiu, este ano, ademais deste podio, unha quinta praza no Campionato Estatal de Triatlón en Ferrol e un 13º posto en Hamburgo, na Copa do Mundo.


5/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: