Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Triatlón en Bretaña

Raña fica terceiro na Copa do Mundo de Lorient

A pesar de saber que o vencedor global é Gómez Noya, o de Ordes non desaproveitou a oportunidade de demostrar a boa progresión que protagonizou este ano.

Redacción - 10:55 29/09/2008
Raña entrando na meta na proba de Kitzbühel, o pasado mes de xullo

Raña entrando na meta na proba de Kitzbühel, o pasado mes de xullo

O triatleta galego Iván Raña clasificouse na terceira posición da 11ª proba da BG Copa do Mundo de Triatlón en Lorient (Bretaña), conseguindo o que foi o seu segundo mellor resultado do ano, despois do primeiro posto na Copa do Mundo de Kitzbühel (Austria).

O de Lorient foi o décimo podio do ano do de Ordes, quen volveu demostrar que este ano regresou con forza á elite do triatlón mundial, despois de conseguir diploma olímpico en Beixín, ao ser quinto. O sábado Raña consolidouse cun terceiro posto que xurdiu dun impresionante segmento a pé no que baixou dos 30 minutos (29:38).

Segundo contan dende a Federación Española de Triatlón, se non fose pola fuxida dos franceses Cédric Fleureton e Tony Moulai no segmento ciclista, posibelmente Iván Raña tería sumado outra vitoria no seu brillante palmarés. Con este resultado, o galego sobe do 12º ao sexto posto na clasificación xeral da BG Copa do Mundo, a falta dunha proba para terminar a tempada.

Clasificación da BG Copa do Mundo Masculina (11ª proba de 12)

1. Javier Gómez Noya (GZ) 300 puntos

2. Bevan Docherty (NZL) 246 puntos
3. Ivan Vasiliev (RUS) 214 puntos
4. Tim Don (GBR) 169 puntos
5. Oliver Freeman (GBR) 156 puntos
6. Iván Raña (GZ) 155 puntos
7. Reto Hug (SUI) 140 puntos
8. Simon Whitfield (CAN) 135 puntos
9. Brad Kahlefeldt (AUS) 132 puntos
10. Hendrik de Villiers (RSA) 129 puntos


0/5 (0 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: