Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
REVOGA O AUTO DO XUÍZ PEDRAZ

A Audiencia Nacional exculpa os militares implicados na morte de Xosé Couso

A familia anunciou que recorrerá a decisión, segunda do mesmo tipo, perante o Tribunal Supremo.

Redacción - 17:21 13/05/2008

A Audiencia Nacional acordou este martes revogar a decisión de procesar tres militares estadounidenses pola súa presunta implicación na morte do operador de cámara Xosé Couso en Bagdad o 8 de abril de 2003. A Sección Segunda da Sala do Penal do tribunal anulou, deste xeito, o auto de procesamento do xuíz Santiago Pedraz por considerar que non había indicios suficientes.

A Fiscalía alegara que non houbera "intencionalidade por parte dos militares para acabar coa vida de Couso". Tamén insistira en que "non era un crime de guerra nin un asasinato", polo que solicitou o arquivo definitivo da causa.

A familia do finado, por medio do seu irmán Xavier, adiantou que recorrerá a decisión perante o Tribunal Supremo como xa fixera na anterior ocasión en que Audiencia Nacional arquivara a causa.

É a segunda vez que a Audiencia rexeita a decisión do xuíz Pedraz de investigar os tres militares, o sarxento Thomas Gibson e mais os seus superiores, o tenente coronel Philip de Camp e o capitán Philip Wolford.

Voto particular
Porén, un dos catro maxistrados da sala da Audiencia Nacional, José Ricardo de la Prada, cualificou o ataque das tropas estadounidenses contra o hotel onde se atopaba Couso de "indiscriminado", "desproporcionado" e "intencional", e criticou a decisión do tribunal por dar a entender "que na guerra non hai normas que regulen as condutas dos combatentes nin protexan as vítimas civís".


2,57/5 (7 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: