Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral

Seis meses da morte de José Couso

O día 8 de outubro fanse seis meses da morte do cámara galego José Couso e do xornalista ucraíno Taras Protsyuk a consecuencia do disparo dun carro de combate norteamericano en Bagdad. A familia do cámara insiste en que “o asasinato de Couso é un crime de guerra que o goberno americano se nega a admitir, falseando os feitos e negando unha investigación seria”. Denuncia tamén que o goberno español “asumiu desde o principio, con vergoñenta sumisión, a versión dos EEUU, pasando por riba das súas obrigas como estado soberano ante a traxedia dun cidadán do seu país”. Nesta páxina poden consultar os actos organizados en memoria de José Couso e aquí unha entrevista co seu irmán Javier.

- 17:02 07/10/2003
Tags:

.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: