"Catro anos de loita. Contra a impunidade!" Foi unha vez máis lema do cartel que este domingo convocou en Madrid a unha concentración cidadá diante da embaixada dos Estados Unidos. O obxectivo era protestar unha vez máis contra a falta de colaboración do goberno estadounidense na investigación do acontecido.
A comezos deste ano, o xuíz da Audiencia Nacional Santiago Pedraz ordenara a captura dos tres soldados estadounidenses imputados pola morte do cámara galego. O 8 de abril de 2003 en Iraq, durante a invasión do exército dos EUA, membros deste corpo abriron fogo contra o hotel Palestina de Bagdad, onde se atopaban a maior parte dos xornalistas desprazados para informar sobre a guerra. Non era a primeira vez que o maxistrado ditaba esta mesma orde. Xa na altura do 19 de outubro de 2005 solicitara a detención dos militares, mais a súa decisión non se puido facer efectiva logo de que a sala do penal da Audiencia Nacional arquivara a causa o pasado 10 de marzo.
Máis información