Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
PIRATARÍA EN CUESTIÓN

"Se descargas, es un criminal"

Os internautas, molestos polos anuncios que culpabilizan o feito de compartir arquivos na rede, argallan simpáticas respostas.

Redacción - 11:15 18/03/2008

A decisión da televisión privada española Telecinco de dedicarlle o mes de marzo á loita contra a pirataría, dentro da súa iniciativa "12 meses, 12 causas", non lles está a sentar ben a moitos internautas, que cren que a canle está a criminalizar os usuarios. Acúsaos de colaborar con mafias internacionais do narcotráfico e da trata de brancas e de destruír 100.000 postos de traballo, entre outras cousas.

Aínda que o spot que se emite pola televisión se refire ás vendas de filmes piratas no "top manta", o texto na web da canle non deixa moito lugar para a dúbida: "Calquera persoa cun ordenador pode descargar material suxeito a dereitos de autor. Co convencemento de que este tipo de descargas constitúen un delito, Telecinco dedica a súa campaña de marzo a loitar contra a pirataría".

Os usuarios vense culpabilizados constantemente por un delito que non cometeron e, paradoxalmente, cando mercan un filme legal teñen que asistir obrigatoriamente a mensaxes deste tipo, que non teñen que soportar se adquiren copias non autorizadas. A comedia británica The IT Crowd, da canle pública comercial Channel 4, parodiou deste xeito eses anuncios:


5/5 (4 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: