Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
FRONTE Á CONFUSIÓN CREADA NOS USUARIOS

A Asociación de Internautas pide que Interior explique a criminalización do P2P

"Creou confusión e unha alarma social innecesaria, calculadamente mediática e, peor aínda, coercitiva para os dereitos dos cidadáns". Así avalían desde a Asociación de Internautas a recente operación policial bautizada Descargas insistindo en que é necesario que as autoridades "aclaren a intención real e a situación deste suceso". Nunha carta dixirixa ao ministro de Interior, Alfredo Pérez Rubalcaba, solicítanlle unha entrevista para recibir explicacións sobre o asunto e de paso subliñan a necesidade de avanzar no combate ás fraudes bancarias. Neste sentido alertan sobre as ofertas de traballo ficticias a través de correo electrónico que están implicando a internautas en casos de branqueo de cartos.

- 08:47 08/05/2006
Tags:


0/5 (0 votos)