A privacidade dos seus clientes estaba sendo atacada, así protestou Verizon, fornecedor de acceso á rede nos EEUU, pola pretensión da industria discográfica de acceder aos datos de navegación de usuarios concretos que tivesen descargado música pola rede para proceder xudicialmente contra eles. Unha sentencia venlle de dar a razón á operadora e pararlle os pés ás discográficas. Ao tempo, vimos de coñecer tamén que o Tribunal Supremo holandés rexeitou a demanda contra os propietarios de Kazaa establecendo a legalidade da distribución do que é o trebello máis usado para o intercambio e descarga de arquivos en internet.
.