Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
Nova ciencia: Xenética sintética

Primeiros chanzos na creación de organismos vivos artificiais

Científicos estadounidenses do J. Craig Venter Institute sintetizaron o xenoma completo da bacteria 'Mycoplasma genitalium'.

Redacción - 11:40 25/01/2008

Científicos estadounidenses do J. Craig Venter Institute (JCVI) sintetizaron o xenoma completo da bacteria Mycoplasma genitalium, segundo publica esta semana Science.

O estudo, que describe un método que podería axudar aos investigadores a xerar moléculas de ADN máis grandes, representa un paso cara ao obxectivo global de crear microorganismos sintéticos que para seren utilizados na produción de biocombustíbeis, a limpeza de residuos tóxicos, a absorción de carbono ou outras aplicacións.

Os investigadores, dirixidos por Daniel Gibson, sintetizaron quimicamente en tubos de ensaio grandes anacos da secuencia de ADN, constituíndo cada un un oitavo ou un cuarto de todo o xenoma, e almacenaron as copias en cromosomas artificiais dentro da bacteria E. coli.

Despois, uníronos en fermento, aproveitando en parte a súa maquinaria celular. Os investigadores tamén introduciron secuencias de 'marcas de auga' curtas en puntos que se sabe toleran as insercións de ADN adicional, para distinguir o xenoma sintético. Xa en xuño de 2007, Craig Venter -pai do Proxecto Xenoma Humano- demostrara a viabilidade desta nova ciencia: a xenética sintética.


5/5 (1 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Craig Venter
Craig Venter