A escaseza de combustíbel no territorio palestino, a causa do bloqueo israelí, provoca que un millón de persoas teñan que sobrevivir sen electricidade.
A principal eléctrica de Gaza iniciou este domingo o proceso de apagado debido á escaseza de combustíbel, despois de que o venres o goberno israelí ordenase o bloque deste territorio palestino.
Calcúlase que un millón de persoas se van ver gravemente afectadas pola falta de subministro, algo que dende Israel afirman se evitaría coa supresión dos lanzamentos de proxectís por parte de Hamas. Ademais, din que o peche da planta eléctrica responde a unha "propaganda efectista esaxerada".
Pola súa banda, o vicepresidente da Autoridade Enerxética Palestina en Gaza, Kanaan Abeid, explicou que "non está chegando combustíbel e tampouco temos reservas".
A ONU xa advertira dos efectos da decisión de Israel. Se persiste a falta de electricidade, esta podería afectar tamén a outras necesidades básicas, como a chegada de auga ou comida, así como tamén provocar o colapso dos centros médicos.