Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Denuncian o "incumprimento" de Pérez Touriño

Asociacións do Courel reclaman a inmediata declaración de Parque Natural

A plataforma que as agrupa rexistrou este venres un escrito dirixido ao presidente da Xunta e a Medio Ambiente, "ante a situación de parálise" nesta lexislatura.

Redacción - 16:40 30/11/2007
Denuncian que o presidente Touriño incumpriu coa súa palabra

Denuncian que o presidente Touriño incumpriu coa súa palabra

A Plataforma de Asociacións do Courel presentou este venres no Rexistro da Xunta un escrito dirixido á Consellería de Medio Ambiente e mais ao presidente do Goberno, Emilio Pérez Touriño, "ante a situación de parálise que esta a sufrir a Declaración do Parque Natural do Courel".

As organizacións asinantes afirman que "as recentes manifestacións da Consellería de Medio Ambiente cuestionando a súa declaración na presente lexislatura" motivaron este escrito, tendo en conta, ademais, "o compromiso adquirido -por segundo ano consecutivo- polo presidente da Xunta ante a sociedade galega no Debate anual de Política Xeral".

A Plataforma, que amosa a súa "fartura" pola "utilización propagandística" do nome do Courel, exixe a inclusión da superficie descatalogada en 2004; unha partida orzamentaria suficiente e enmarcada dentro dun Plan de Desenvolvemento Sustentábel; e a habilitación dos instrumentos axeitados para que os veciños se impliquen na xestión do Parque Natural e dos seus beneficios.


4,67/5 (12 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: