Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Tag: voluntariado

16/Setembro/2009 /

Como limpar os bosques de Portugal nun só día

Unha campaña recruta voluntarios co fin de acabar con todos os vertedeiros incontrolados: 20 de marzo de 2010.


24/Abril/2009 /

É preciso un "cambio nos modelos" de cooperación e participación social

O filósofo Luis Aranguren inaugurou unha xuntanza, na que 1.400 asistentes descartaron que haxa unha "crise de voluntarios".


12/Xaneiro/2009 /

As aulas de formación do voluntariado chegarán por vez primeira ás vilas

A Dirección Xeral de Xuventude presenta a oferta de cursos de 2009: 83 actividades para 2.500 persoas.


25/Agosto/2008 /

Sete mil voluntarios dispostos a acudir ao monte en tarefas de prevención

"Unha persoa que colabora nisto nunca tirará unha cabicha ao chan, nin apagada", confía o responsábel do proxecto.


10/Abril/2008 /

A creación dun voluntariado activo, prioridade para o Goberno

O III Congreso de Voluntariado reuniu en Compostela a máis de 1.300 persoas para debater sobre a solidariedade e cooperación.


31/Xaneiro/2008 /

O voluntariado como ferramenta para "unha visión positiva da lingua"

Coordinadores dos voluntariados lingüísticos que están a funcionar nestes momentos no Estado (en Catalunya, Euskadi, País Valencià e Galiza), comparten experiencias "a prol dun maior uso social para as linguas".


5/Decembro/2007 /

Os Premios do Voluntariado recompensaron a solidariedade dos escolares

Esta iniciativa organizada pola Dirección Xeral de Xuventude busca a difusión e a promoción dos valores da solidariedade nos centros de Galiza


31/Xullo/2007 /

A acción voluntaria

Levaban anos cubrindo ocos de exclusión no país pero foi na marea branca que seguiu ao Prestige cando o traballo das e dos voluntarios máis se deu a coñecer. Porén, os milleiros de persoas que puntualmente se mobilizaron para facerlle fronte ao piche pouco teñen que ver con ese voluntario de compromiso continuado que viña constituíndo o substrato do terceiro sector. David Pérez Araújo, Santiago González Avión, Isabel Vázquez e Enrique Peña debaten sobre o voluntariado en Galicia con Estela Mouriño como moderadora. Belén Puñal e Isabel Lema (fotos) dan conta do debate.


Anandi e Regina, voluntarias en Anna Nagar
26/Xullo/2007 /

Monzón

María Reimóndez vaise recuperando da viaxe á India. Un momento de descanso para o corpo, e continúa coas súas crónicas: cae a choiva sobre Tiruchy, e comeza o traballo coas voluntarias.


María Reimóndez
18/Xullo/2007 /

Cara atrás ata Tiruchy

María Reimóndez volve á India, cun novo proxecto de Implicadas no Desenvolvemento. Cóntanos nas súas crónicas como se desenvolve o traballo.


30/Xuño/2007 /

O voluntariado prepárase para a temporada de lumes

Coa chegada do verán aumenta o labor de vixilancia das zonas arboradas do país para evitar os incendios.


Web do Voluntariado
3/Abril/2007 /

O voluntariado galego xa ten web

A Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade acaba de presentar un novo portal, un punto de encontro para o movemento voluntario en Galiza.


12/Marzo/2007 /

Amarante pon en marcha un programa de voluntariado

A oenegué presentou no Club Internacional de Prensa un proxecto de formación e sensibilización para formar a persoas interesadas. O alumnado viaxará en grupos de voluntariado ao Brasil, o Ecuador e Marrocos.