Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
APOSTA DE XUVENTUDE

O voluntariado galego xa ten web

A Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade acaba de presentar un novo portal, un punto de encontro para o movemento voluntario en Galiza.

Redacción - 18:06 03/04/2007

O director xeral de Xuventude e Solidariedade da Vicepresidencia, Rubén Cela, sinalou que a posta en marcha do portal acada o obxectivo das apostas recollidas no Plan Galego de Voluntariado 2006-2010: incorporar e aproveitar as novas tecnoloxías como instrumento organizativo e facilitar a presenza activa destas na Internet, potenciando o traballo en rede.

Nace deste xeito unha comunidade virtual no asociacionismo de acción solidaria galego: cada asociación ten unha clave acceso para xestionar o portal e poder difundir as súas actividades e novas. Na web pódense inserir novas, informacións, imaxes e vídeos das actividades que realicen as entidades, pódense descargar boletíns informativos, e mesmo consultar a axenda de eventos, que reúne tanto información institucional como das propias asociacións. Tamén permite realizar en liña solicitudes, e ofrece un buscador de recursos de voluntariado a nivel mundial, ademais de información sobre axudas e programas para o voluntariado. Tamén permite descargar un banner para ser incluído por cada asociación na súa propia web. O portal está adaptado ás normas máis estritas de accesibilidade, cumprindo as pautas marcadas polo nivel de accesibilidade AA das directrices WAI.


3/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: