Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Tag: upg

2/Marzo/2010 /

A revista Terra e Tempo faise dixital

En 2010 cúmprense 45 anos do seu primeiro número, e Terra e Tempo aproveita para estrear unha nova versión en liña do proxecto.


A Comisión da RdR critica a ausencia de UPG e MSG o vindeiro sábado
24/Xaneiro/2010 /

A Comisión da Rolda de Rebeldía critica a non asistencia da UPG e do MGS

"O diálogo entre esquerda social e esquerda política que pretende animar o encontro non pareceu resultar finalmente do seu interese", din.


1/Outubro/2009 /

MáisBNG constituirase en corrente "con estrutura de partido" o 21 de novembro

Aínda que espera "non suscitar malestares", a UPG xa amosou preocupación pola posíbel "deslealdade".


15/Abril/2009 /

Guillerme Vázquez: "Únennos máis cousas das que nos separan"

Na presentación oficial da candidatura de Alternativa pola Unidade, Vázquez apela ao debate de ideas dentro da organización.


12/Abril/2009 /

Alternativa pola unidade rexeita que coincidan voceiro nacional e parlamentario dentro do BNG

A opción liderada por Guillerme Vázquez presentou o seu blog e logo, unha estrela vermella de cinco puntas sobre fondo azul e verde.


Guillerme Vázquez é concelleiro de Seguridade Cidadá en Pontevedra
8/Abril/2009 /

A UPG confirma a súa aposta por Guillerme Vázquez e os críticos ultiman candidatura

Os de Francisco Rodríguez anuncian que o pontevedrés é o seu candidato a portavoz nacional, os sectores críticos preparan unha candidatura unitaria na que estarán Beiras, Nogueira e Esquerda Nacionalista.


15/Marzo/2009 /

Francisco Rodríguez: “Con Beiras, a miña actitude é de cordialidade e de respecto construtivo”

O secretario xeral da UPG revela que a dimisión en pleno da Executiva estaba pactada.


16/Novembro/2008 /

A UPG reelixe a Francisco Rodríguez como secretario xeral

“Non desprezamos cambios aínda que poidan ser puntuais ou momentáneos”, afirmou o máximo responsábel da Unión do Povo.


Bautista Álvarez
15/Novembro/2008 /

Bautista Álvarez renuncia á presidencia da UPG

No discurso de apertura do 'conclave' avisa o BNG do "risco" de ver o poder como unha "carreira de méritos", e critica a actitude da socialdemocracia ante a crise ao cualificala como "esquerda domesticada".


Da esquerda á dereita: Pontón, Rodríguez, Vilmeá e Lobeira
12/Novembro/2008 /

Paco Rodríguez: "Temos moitísimo interese en que o nacionalismo estea unido"

O partido aspira a conformar unha "gran forza social, incluídos os sindicatos", e defende un ideario nacionalista "adecuado a cada momento histórico".


6/Novembro/2008 /

A UPG manda aviso: os cargos do Goberno teñen que render contas dentro do BNG

O principal partido do Bloque debate as teses do seu XII Congreso, que celebrará en Compostela a mediados deste mes.


11/Agosto/2007 /

A UPG conmemora o 32º aniversario do asasinato de Moncho Reboiras

Xosé Ramón Reboiras Noia, sindicalista e membro do partido, foi abatido a tiros pola policía franquista no portal número 27 da rúa da Terra.


3/Marzo/1999 /

Balaídos decidirá

O Celta perdeu onte pola mínima (2-1) no Velodrome ante o Olympique de Marsella. Nunha primeira metade con máis oportunidades para os franceses, Maurice meteu o primeiro gol logo dun incrible erro de Djorovic. No segundo tempo o Celta empatou, pero pocos minutos despois Maurice bateu a Dutruel. O resultado deixa as portas abertas a todo, pero o Celta ten que se mostrar máis ambicioso.