Pídenlle ao Bloque "que non culpe nin prexulgue á Garda Civil polo que un axente diga en nome dunha asociación que non ten socios", en alusión á UFGC.
Moitos dos cursos fanse on line, e o corpo de seguridade español asegura que nun futuro todos os gardas, estean onde estean, poderán aprender todas as linguas do Estado.
"Non só é legal, senón que debe ser o normal e lexítimo nun Estado democrático e conforme aos dereitos humanos máis elementais".
A Unión Federal de Gardas Civís non só subliña a súa oposición a que os axentes redacten denuncias en galego senón que promoverá "activamente" a desobediencia ao respecto.