Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Tag: ceg

5/Febreiro/2010 /

"Galiza ten dereito a un sistema financeiro eficiente ao servizo do país"

PPdeG, BNG, a Confederación de Empresarios e os sindicatos UXT, CIG e CCOO asinan un manifesto conxunto onde subliñan que Galiza "ten dereito a propiciar a fusión das súas caixas".


30/Xullo/2009 /

Para a CEG: un primeiro paso contra a crise

A organización empresarial galega entende que esta iniciativa deberá ter continuidade no proceso de diálogo social que se abrirá en setembro.  


29/Xullo/2009 /

O CES di que 2008 foi "nefasto", o PSdeG ve "pago de favores" entre empresarios e PP

Os socialistas acusan a CEG e Xunta de tratar de contrarrestar os recentes datos das cámaras de comercio que destacan o maior crecemento de Galiza o ano pasado.


8/Xullo/2009 /

Coa chegada do TAV chegaron tamén "os enganos, as mentiras e as falsas promesas"

Ao autor deste libro, presentado este martes na CEG, non lle casa nin o orzamento, nin os prazos, e reclama "máis belixerancia" para conseguir un acordo xusto con Galiza.


14/Maio/2009 /

A CEG ve "ben" pero "de baixo alcance" a rebaixa do imposto de sociedades

O presidente da Confederación de Empresarios de Galicia cualificou de "boa" a iniciativa anunciada polo goberno español, pero dixo que é unha medidas "de escaso alcance".


8/Maio/2009 /

Fontenla é elixido presidente da patronal

Contou co apoio de 128 dos 183 delegados das principais empresas do país, dirixirá a Confederación de Empresarios de Galiza outros catro anos.


7/Maio/2009 /

A patronal escolle entre Fontenla e Fernández Alvariño o seu novo presidente

A Confederación de Empresarios de Galiza (CEG) comeza unhas eleccións que poderían significar o terceiro mandato de Fontenla, ou o cambio de dirección.


21/Abril/2009 /

Comezan as exixencias da patronal ao Goberno de Feijoo

Por outro lado, os promotores consideraron "axeitada" a fusión de ambiente e infraestruturas, e piden a ordenación do litoral para ter chan onde construír.


Logo da Confederación de Empresarios de Galiza
20/Abril/2009 /

A patronal apoia a fusión de carteiras proposta por Feijoo

A Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) ve en Economía e Industria unha opción para sacar o país adiante. O seu presidente gabou algúns dos membros do novo Goberno.


30/Marzo/2009 /

Fontenla felicita a chegada do PP ao Goberno e cualifica o bipartito de "mercado persa"

O presidente da Confederación de Empresarios de Galicia (CEG), pídelle á Xunta facilidades para o despedimento e o desbloqueo á construción na costa.


19/Marzo/2009 /

Antonio Fontenla e Fernández Alvariño serán outra vez rivais polo liderado da CEG

Logo de que o coruñés confirmase que aspira á reelección, o presidente da Confederación de Empresarios de Pontevedra prepara un novo asalto á presidencia.


Feijoo e Fontenla, nunha reunión de hai uns meses
10/Marzo/2009 /

Feijoo comprométese coa patronal a reducir "trabas" en urbanismo

O presidente dos empresarios pediulle que "estude" as actuais normas que, recordou, causaron malestar entre os construtores.


11/Novembro/2008 /

O xogo Lego servirá para impartir un obradoiro para emprendedores

O seminario, organizado pola CEG, desenvolverase o venres en Compostela.


22/Outubro/2008 /

O sector da construción bótalle o ollo ao solo mexicano

Entre as gorentosas oportunidades de negocio daquel país, destaca o da construción. Empresarios galegos do sector aspiran a rabuñar cota de mercado.


9/Outubro/2008 /

A Xunta bota adiante un canon hidroeléctrico pouco ambicioso

A lei que grava os encoros de produción hidroeléctrica renuncia a esixir compensacións adicionais segundo o consumo de auga e a produción hidroeléctrica real das empresas.


1/Outubro/2008 /

Beizón do CES ao canon hidroeléctrico malia o voto particular en contra dos representantes da CEG

A Confederación de Empresarios de Galicia rexeita o imposto argumentando que freará a competitividade das empresas instaladas en Galiza.


Acordo pola Competitividade
7/Xullo/2008 /

Acordo pola Competitividade: 300 medidas que a CIG di "subvencionan o empresario"

"Semella que o único xeito de ser competitivos é aumentando a explotación directa sobre o traballador", afirman os nacionalistas.


15/Outubro/2007 /

A patronal fai presión para que se reduza a moratoria á construción costeira

Malia recoñecer a caída de actividade no sector da construción, o presidente da CEG, Antonio Fontenla, insiste en reducir a un ano a prohibición.