As forzas políticas xiís perfílanse como gañadoras nas eleccións parlamentarias previas ao comezo da retirada das tropas dos EUA, en agosto.
Unha muller vota en Ammán
Aínda que os resultados provisionais non se comezarán a coñecer deica esta quinta feira, os primeiros datos difundidos polas axencias internacionais indican que a formación do primeiro ministro, Nuri Al Maliki, gañaría as eleccións parlamentarias na metade das 18 provincias Iraq.
Comicios que se desenvolveron desde o pasado venres baixo a custodia duns 800 mil efectivos do Exército e a Policía iraquís (a diferenza das de 2005, cando o fixeron soldados dos EUA). Precisamente, as tropas do país norteamericano comezarán a súa retirada a partir do mes de agosto que culminará a finais de 2011.
Forzas da resistencia afgá, que os países ocupantes vinculan con Al Qaeda, provocaron a morte de 38 persoas en varios ataques, informan os medios estranxeiros. Porén, o electorado respondeu positivamente á chamada das urnas. Segundo informou a chamada Comisión Electoral Independente, a cifra alcanzou o 62,4%.
Minoría kurda decisiva
A hexemonía dos xiís, grupo étnico maioritario co 60% da poboación iraquí, non está en cuestión. No entanto, os sunís agardan o seu retorno á escena política, e a minoría kurda volverá ter un papel determinante á hora de elixir o próximo goberno, xa que só eles poden garantir unha coalición estábel.
Máis información: