Uns 19,8 millóns de iraquís votan nos segundos comicios celebrados despois da invasión, nun considerábel clima de violencia.
Nunhas eleccións nas que o candidato pro-estadounidense Nouri al-Maliki busca ser reelixido e nas que se teme unha escalada de actos violentos, 19,8 millóns de iraquís están convocados ás urnas para escoller lexisladores que decidirán a conformación do próximo goberno. Para estes comicios, que determinarán o futuro deste país de 30 millóns de habitantes, presentáronse 296 partidos e 6.100 candidatos, que disputarán os 325 escanos do parlamento.
O quinto goberno dende a ocupación nortemaericana e dende a caída do réxime de Saddam Husein será o encargado de xestionar a retirada das tropas estadounidenses (o 1 de setembro de 2010 quedarán 50 mil das actuais 96 mil e a finais de 2011 non deberá quedar en Iar ningunha tropa de combate). Ademais deberá crear “un Estado que non existe”, segundo as palabras do ex primeiro ministro Iyad Alawi, nunha entrevista realizada para a televisión iraquí al-Sharquiya. Porén, a formación dos gobernos precedentes non nos permiten ser moi optimistas, logo de rivalizaren en corrupción, inoperancia e sectarismo.
Candidatos chamados ao consenso
O proceso electoral, que está a ser vixiado por uns 100 mil observadores iraquís e 1400 internacionais, non ofrece plenas garantías. Xa foron descualificados 500 candidatos por afiliación baazista, logo de detectarse algunhas manipulacións no censo de Kirkuk.
O favorito é o actual primeiro ministro Nuri al Maliki, que concorre coa súa nova Coalición do Estado de Dereito, que parte da base do partido Dawa, con raíces islmistas chiíes, mediante unha campaña nacionalista, que apelou á mensaxes sobre a unificación dun Estado forte e integrado e a mellora dos servizos públicos. Aglutina unha ampla base de alianzas, a líderes tribais suníes e kurdos, cristiáns e independentes.
Ammar al Hakim, do Consello Islámico Supremo de Iraq, é considera o líder chií máis popular, agrupou a maioría dos grupos desta rama do Islam nas eleccións de 2005 e gañou 128 dun total de 275 escanos. É partidario de federar as nove rexións chiíes do país.
Iyad Allawi, da Lista Nacional Iraquí, foi primeiro ministro no goberno interino de 2004 a 2005 e é un chií secular que formou alianzas con prominentes políticos suníes, mais está acusado de ter vínculos cos baazistas. É crítico coas interferencias de Teherán e co seu apoio ás milicias chiíes.
Ibrahim al Safari é unha importante figura do chiísmo. Tamén foi primeiro ministro no goberno de transición, entre 2005 e 2006. Deijou o partido Dawa de Maliki por discrepancias e concorre coa Alianza Nacional iraquí.
Adil Abdul Mahdi é un dos actuais viceministros, antigo baazista, que despois pasou a ser un marxista e que agora abrazou o islmaismo. Xunto con Safari ten posibilidades de chegar a ser primeiro ministro.
Jawad al Bolani, actual ministro do Interior, formou o Partido Constitucional hai un ano e despois a alianza Unidade de Iraq, xunto co lider anti-Al Qaeda, Ahmed Abu Risha e outro suní.
Máis información en: