Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
DENTRO DO BNG

Movemento Galego ao Socialismo constituirase oficialmente como corrente

No seu Encontro Nacional acordaron consolidar as asembleas de zona e impulsar novas estruturas ao longo do país.

Redacción - 18:55 02/02/2010

O Movemento Galego ao Socialismo (MGS) acaba de dar un paso máis cara á súa consolidación como corrente dentro do Bloque Nacionalista Galego (BNG). No seu Encontro Nacional, celebrado a pasada fin de semana, decidiron que neste 2010 se constituirán como unha estrutura partidaria.

A organización, que “leva xa tempo a traballar para aglutinar militantes nacionalistas nun espazo político de clase, independentista e revolucionario, quere impulsar un xiro “que garanta o carácter asembleario, a súa apertura a sectores e persoas do soberanismo de esquerdas e unha liña política incardinada nun nacionalismo emancipador, desde postulados de esquerda transformadora”.

Cara á Asemblea Nacional
Se ben o MGS recoñece o BNG como “organización frontista na que desenvolver o seu traballo político”, adicará os próximos meses a consolidar as asembleas de zona e impulsar novas estruturas ao longo do país”. Así, prestarán especial atención á formación interna, garantirán a coordinación entre os niveis zonal e nacional e constituirán unha comisión específica para coordinar a súa actuación dentro do Bloque.

Do mesmo xeito, a xuntanza avalou a formación dunha nova Coordinadora Nacional, integrada polos militantes previamente propostos polas zonas, que coordinará o MGS até a celebración da I Asemblea Nacional. A previsión é que a este organismo se incorporen proximamente os representantes da comisión sindical e da xuvenil (Isca).


Ligazóns

5/5 (6 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: