Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Máis BNG é a segunda forza, co 36%

O sábado quedará constituído o Consello do BNG, no que a UPG terá o 44% dos representantes

A lista de Guillerme Vázquez sumou nas comarcais 27 membros respecto da asemblea, e a de Aymerich obtén 24 máis

Redacción - 09:00 01/07/2009

A UPG contará co 44,44% dos representantes do Consello Nacional do Bloque Nacionalista Galego, mentres que a lista liderada polo voceiro parlamentario da formación, Carlos Aymerich, Máis BNG, estará representada cun 35,89% de membros no máximo órgano de decisión entre asembleas. Así quedará configurada a máis alta dirección nacionalista, que se constituirá formalmente o vindeiro sábado en Compostela, segundo confirmaron fontes da Executiva do BNG.

En total, nos procesos comarcais que se iniciaron o pasado 15 de xuño para completar a configuración do Consello Nacional, a lista que levou a Guillerme Vázquez á Portavocía do Bloque conseguiu un total de 27 representantes, que se suman aos 23 logrados na asemblea extraordinaria do 10 de maio. Deste xeito, contará con 50 representantes, un 44,44% do total, fronte ao 45,29% que representaba a noite do conclave.

Pola súa banda, Máis BNG sumou un total de 24 representantes para o Consello Nacional, que se engaden aos 18 que xa tiñan un posto reservado neste órgano. Con estes datos, será a segunda corrente máis numerosa co 35,89% da dirección nacionalista, fronte ao 36,8% do domingo 10 de maio.

A maiores, o Consello Nacional, que contará con 117 membros dos cales 55 elixíronse nas comarcais, contará con 13 membros do Encontro Irmandiño, que conseguiu catro representantes nas comarcais; e con dous de Movemento Galego ao Socialismo, que son os mesmos do domingo 10 de maio.


3,44/5 (9 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: