Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Informou a televisión estatal

Asasinan cunha motocicleta bomba un profesor iraniano experto en enerxía nuclear

O atentado executouse fronte ao seu domicilio, no norte de Teherán. Polo momento, descoñécese se hai outras vítimas.

Redacción - 12:00 12/01/2010
Massoud Ali-Mohammadi

Massoud Ali-Mohammadi

Un profesor iraniano de universidade morreu logo de estourar un artefacto fronte ao seu domicilio no norte de Teherán, segundo informou a televisión estatal por satélite PressTV. Polo momento, descoñécese se hai outras vítimas.

O docente, identificado como Massoud Ali-Mohammadi, é un dos principais expertos en enerxía nuclear do país. O atentado executouse cunha motocicleta bomba accionada, segundo parece, por mando a distancia no barrio setentrional de Qeytariyeh, agregou esta mesma fonte.

É o primeiro atentado destas características que se produce en Irán desde que o pasado 13 de xuño estalase a crise política e social que divide ao país. O réxime iraniano acusa os EUA e o Reino Unido, entre outros, de fomentar os disturbios, onde aseguran que participan membros do movemento opositor no exilio, Muyahidin Jalq, cualificado como terrorista por Teherán.


3/5 (2 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: