Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Grupos de risco

Os menores de 14 anos sen doenzas crónicas non recibirán a vacina da gripe A

A ministra de Sanidade xustificou a decisión por non haber "garantías de seguridade".

Redacción / EP - 17:15 31/08/2009

A ministra de Sanidade, Trinidad Jiménez, adiantou que o goberno español e as comunidades autónomas decidiron, por unanimidade, que se inmunice da gripe A entre o 15 e o 20 por cento da poboación nunha primeira fase. O anuncio, que efectuou ao remate do Consello Interterritorial do Sistema Nacional de Saúde, exclúe o colectivo de menores de 14 anos porque "non hai garantías de seguridade para vacinalos". En calquera caso, precisou que hai vacinas para o 60% da poboación.

O consenso acadado entre os diferentes executivos especifica que terán acceso á vacina os grupos de risco formados por mulleres grávidas, enfermos crónicos de máis de seis meses de idade e as persoas profesionais da sanidade e de servizos esenciais, como as forzas de seguridade, Protección Civil e bombeiros.

Estes grupos forman parte da primeira fase de vacinacións, que "sempre vai estar aberta", segundo Jiménez, a modificacións se aumenta a incidencia do virus ou hai novas recomendacións internacionais nese senso. Tamén indicou que non se atrasará o calendario escolar.

Postura da Xunta
Antes de participar na xuntanza, a conselleira de Sanidade, Pilar Farjas, amosárase partidaria de que a comunidade escolar fose un dos grupos de poboación "fundamentais" á hora de deseñar quen recibirá as vacinas da gripe A.


0/5 (0 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: