A muller de 39 anos, á que se lle practicou unha cesárea para salvarlle o fillo, estaba ingresada nun hospital de Sevilla. A OMS chama a non baixar a garda.
O goberno da Junta de Andalucía informou este sábado do falecemento dunha muller de 39 anos por complicacións derivadas da gripe A. O pasamento tivo lugar no Hospital de Valme (Sevilla). A vítima acaba de dar a luz por cesárea debido ao grave risco que corría o bebé (que se atopa en bo estado). Segundo as mesmas fontes, a muller ingresou embarazada no hospital o pasado 16 de agosto, con febre moi alta e dor torácico.
A morte, a décimoterceira que se produce no Estado Español por mor da enfermidade, prodúcese un día despois de que a OMS volvese a insistir na necesidade de que se extremen as precaucións para evitar ao máximo unha pandemia. Ademais, o organismo publicou recomendacións sobre o uso de antivirais.